Costa dos Castros está inzado de enigmáticos petróglifos que se remontan á Idade do Bronce. Entre eles, un gravado que captura o momento no que un barco mediterráneo chegou a esta costa atlántica. Axúdanos a conservar unha testemuña única da navegación milenaria.

Datar a arte rupestre non é tarefa sinxela. Porén, o consenso científico establece que a maioría dos gravados (petróglifos) en Galicia foron feitos durante a Idade do Bronce, malia que algúns puideron ser creados antes ou despois.

Máis difícil aínda é saber por que se crearon estas misteriosos mensaxes petrificadas.

Ao longo da Idade do Bronce a sociedade volveuse gradualmente máis sedentaria, grazas á agricultura e á gandaría. Se cadra por esta razón era cada vez máis importante para a comunidade sinalizar a paisaxe na que comezaran a establecerse.

Pese a ser menos nómades, o contacto con outras culturas estaba a crecer debido ao comercio. As semellanzas entre petróglifos dende España a Escocia – o chamado arte rupestre de Estilo Atlántico – testemuña estas relacións internacionais.

Costa dos Castros e dos Gravados

CdC

O sur de Galicia e particularmente Costa dos Castros teñen unha das concentracións máis elevadas e interesantes de arte rupestre atlántico.

Hai aproximadamente 120 paneis nos montes de Costa dos Castros, que xuntos suman máis de mil gravados. Localízanse maioritariamente en puntos prominentes das ladeiras con bo dominio visual sobre a liña de costa e o Atlántico.

Aproximadamente un 80% da arte rupestre consiste en gravados abstractos, malia que algúns tamén representan animais, persoas, incluso barcos…

Auga dos Cebros, evidencia da navegación milenaria 

CdC

Hai moitos petróglifos extraordinarios en Costa dos Castros, mais este panel en concreto é realmente singular. Os gravados de Auga dos Cebros albergan unha representación prehistórica dun barco mediterráneo, único en toda a fronte atlántica.

As súas semellanzas con modelos exeos do II milenio a.C. e outras representacións mediterráneas de barcos fan que este petróglifo sexa clave na investigación das relacións marítimas prehistóricas.

Tense atopado evidencia arqueolóxica de comercio co Mediterráneo en moitos xacementos de Galicia. Un deles é o castro de A Cabeciña en Costa dos Castros, onde en escavacións recentes atopouse cerámica púnica e un machado de bronce que probablemente se empregara para intercambiar por produtos estranxeiros.

Pese a que todo isto moi probablemente sucedese despois de que se gravara o petróglifo de Auga dos Cebros, os investigadores están a atopar cada vez máis probas de que se empezou a comercializar co Mediterráneo moito antes do que inicialmente se pensaba.

A Cabeciña, o comercio das cousas e das ideas

CdC

A tan só uns metros da entrada a este castro, atopamos outro dos petróglifos máis misteriosos de Costa dos Castros. O seu elemento más sobranceiro é unha gran laxe totalmente cuberta por gravados semi-circulares e ovalados.

O máis curioso é que estas formas semi-circulares son diferentes a calquera outro gravado rupestre en Galicia. De feito, investigadores atoparon máis similitudes con petróglifos en cámaras megalíticas doutras partes do Atlántico europeo, como en Gavrinis (Francia). Este achado pode estar indicando que polo mar non só se transportaban produtos, senón tamén ideas.

Axuda a protexer os petróglifos

CdC

Cabalos, cervos, figuras humanas con enormes mans, pías de moer, taboleiros de xogo… Estes son algúns exemplos doutros gravados rupestres atopados (ata o momento) en Costa dos Castros, rexistrados por uns poucos investigadores tras moitas, moitas horas percorrendo a zona a pé.

Desafortunadamente, e pese a estar gravados na pedra, os petróglifos non duran para sempre. Numerosos factores provocan a súa erosión, como condicións meteorolóxicas, o sal mariño que transporta o vento dende o Atlántico, ríos cuxos cursos flutúan, a vexetación e incendios forestais.

A boa nova é que podemos poñer en práctica varias medidas para previr o dano: – Atopar e rexistrar novos petróglifos; – Limpar a vexetación próxima aos paneis; – Mellorar a accesibilidade aos paneis, o que axudará a concienciar a visitantes da súa importancia e os guiará para evitar que danen os gravados inintencionadamente.

Coa túa axuda podemos conseguir salvagardar estes misteriosos gravados e continuar a reflexionar sobre o seu significado para os años vindeiros.