Costa dos Castros
3.000 anos de monte, mar e vida na costa de Galicia
3.000 anos de monte, mar e vida na costa de Galicia
Costa dos Castros é un estreito tramo de costa bordeando o Atlántico. Está inzado de restos arqueolóxicos, e moito máis – fragas, fervenzas, cabalos salvaxes, terras fértiles, e o sempre presente océano Atlántico… Non sorprende que a xente escollera vivir aquí século tras século.
Costa dos Castros debe o seu nome á sorprendente concentración de castros, poboados da Idade do Ferro, neste tramo de costa. Como eran as persoas que os construíron? Tiñan relación con culturas doutras partes da Europa atlántica, como os celtas? A arqueoloxía pode axudarnos a atopar as respostas.
Ler máisCosta dos Castros está inzado de enigmáticos petróglifos que se remontan á Idade do Bronce. Entre eles, un gravado que captura o momento no que un barco mediterráneo chegou a esta costa atlántica. Axúdanos a conservar unha testemuña única da navegación milenaria.
Ler máisEn Costa dos Castros o réxime de propiedade comunal do monte significa que son os propios veciños quen deciden que facer co seu monte, e resulta que o que queren facer, é arqueoloxía. Aquí explicamos por que.
Ler máisImos escavar o Castro d'A Cabeciña e ti podes ser partícipe. Ata o momento atopamos, entre moitas outras cousas, cerámica púnica, un machado de bronce e varias cabanas de pedra. Colabora connosco para axudarnos a descubrir as pistas que nos falen do pasado de Costa dos Castros.
Ler máis