Costa dos Castros ten unha riqueza arqueolóxica única – a excepcional concentración de poboados da Idade do Ferro e petróglifos da Idade do Bronce nesta costa fan que sexa o lugar ideal para estudar a evolución da cultura atlántica en Galicia e en Europa.
O sistema de propiedade comunal significa que os veciños de Costa dos Castros participan activamente na toma de decisións sobre a xestión do monte e o seu patrimonio, a través das Comunidades de Montes. Desde que comezaron a investigar os seus xacementos arqueolóxicos en 2010, o proxecto creceu e estase empezando a facer uns descubrimentos fascinantes sobre a evolución da cultura atlántica na Idade do Ferro.
Asociación Costa dos Castros
Esta asociación representa a unión de catro Comunidades de Montes: Mougás, Pedornes, Viladesuso e Santa María de Oia. Cada unha destas comunidades ten xacementos de interese; agora uníronse para investigar, conservar e promocionar xuntos a súa arqueoloxía.
DigVentures
DigVentures é unha empresa social de Reino Unido que dirixe a única escola de campo acreditada polo Chartered Institute for Archaeologists. O seu equipo está especializado en dirixir proxectos arqueolóxicos con financiamento e colaboración colectivas e é experto en formación, o traballo en campo e compartir os resultados arqueolóxicos en internet.
Incipit-CISC
O Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit-CSIC) dedícase a estudar o patrimonio cultural como problema científico, e o papel de factores socio-económicos, a memoria, a identidade e o conflito na creación de patrimonio cultural. Apoiará academicamente o proxecto e axudará coas escavacións. O seu director é tamén presidente da European Archaeology Association.
Digital Dig Team
DigVentures creou unha app chamada Digital Dig Team (Equipo Dixital de Escavación), que será usada durante a escavación para compartir en tempo real cada cousa que descubramos. Isto significa que calquera persoa en calquera parte do mundo pode seguir a evolución da escavación e consultar os resultados moito despois de que a escavación chegue ao seu fin.
E por último, ti!
Isto é ciencia cidadá ao cadrado. Uníndote ao proxecto axudas a crear e interpretar un recurso sustentable e comunitario para seguir investigando. Únete a nós!